20/2/10

UNHA MEDIA HORA DE RETRASO

S. Hanks
Avisaron pola megafonía que o tren traía unha media hora de retraso. Estaba xa cansa das conversas dos homes que miraban o partido na tele así que, pagou o café que tiña na mesa e non dera acabado, colleu o seu paraugas de deseño ( agasallo dunha amiga, ela non gastaba tantos cartos nun paraugas) e botouse ao andén como se a levara o diaño. As estacións , eran lugares de tránsito, non de quedarse, e iso as facía especialmente atractivas para ela. Gustáballe fantasear coas vidas que levaban as xentes que subian e baixaban do tren. Miraba os amantes furtivos que se atopaban nun encontro fuxidío, homes e mulleres que se apeaban do tren e , a toda présa, ían cara ó aparcadoiro esquecendo as conversas intrascendentes que momentos antes mantiveran, mulleres cos ollos cansos de mirar a vida sempre do mesmo lado, rapazas novas coas orellas transformadas en auriculares e mirándose só o embigo...
....................................................................................
Ela mirábase no espello do chan pensando o que dá de si unha media hora de retraso.

3/2/10

Á NOITE


C Warner

Asomando á noite
na terraza dun rañaceos altísimo e amargo
puiden tocar a bóveda nocturna
e nun acto de amor extraordinario
apodereime dunha celeste estrela.

P. Neruda