29/5/09

MALDITO TELÉFONO


Wislow Homer
A fin de semana presentábase con bo tempo para navegar: ventiño fresco e sol, que máis podían pedir!
Por mor dos seus traballos non coincidiran nas datas, pero esta fin de semana era sagrada, así llo dixera.
Comprou crema protectora factor máximo, preparou comida, nada de bocatas a ocasión merece algo elaborado.Fixo e desfixo o petate varias veces: había que meter roupa de baño e de abrigo, na mar nunca se sabe....
No corredor, casi na porta de entrada, o petate, a neveira, a mochiliña co tabaco, encendedor e cremas, non quería esquecerse de nada .Todo preparado.
Teléfono!!!
.......................
Síntoo,témolo que adiar.
A pesares de non estar mal a ensaladiña, non lle soupo.

28/5/09

IR FACENDO CAMIÑOS.


Jacek Yerka
Ir facendo o camiño .... Boa metáfora da vida.

27/5/09

SOBREVOAR


Rob Gonsalves
Abrígate que vas coller frío !- escoitaba ao lonxe a voz da mamá.
Para non anoxala, puxo os calcetíns e comezou, como todas as tardiñas, a viaxe. Esta vez non iría moi lonxe, estábase a levantar un nordés desagradable e logo a volta íalle custar máis.Sobrevoou os campos a carón da casa , planeou un ratiño sobre as augas , e retornou.
Non había novidade, a sirena avisaba ás mulleres que os barcos estaban a aportar o que indicaba que xa era hora da merenda.
Cerrou o libro. A hora da merenda era sagrada.

26/5/09

NON ERA UNHA PARTIDA MÁIS.

Xa case era a hora de entrar mais a ela non lle importaba, levaba xa un bo rato gañando e non ía deixar agora a partida. Tremenda paliza a que lles estaba a dar. As nenas da súa clase arremuiñábanse ao seu redor : non era unha partida máis, estaba en xogo a dignidade dos nenos como xogadores espertos no asunto. Así llo dixera antes de sairen o Iván.
Ninguén se moveu do círculo ata que unha voz , unha oitava máis alta do normal, reclamaba as ovellas descarriadas baixo ameazas de castigos terribles.
Na fila de subida á aula, un dos perdedores atizoulle unha boa couce á campioa.
Non lle importou a dor que sentiu o resto da mañá. Dentro da bolsiña que lle fixera a mamá levaba os seus trofeos que superaban, con moito, o moratón con que chegou á casa.

25/5/09

VIAXE DE VOLTA


Úrculo
Era a última vez que collía un voo tan barato; o tempo pasado no aeroporto á espera da saída fixéraselle eterno, o café intragable e o ter que estar pendente dos cambios na porta de embarque acabaron por deixarlle o corpo bastante magoado.Non fora boa idea estrear os zapatos.
Cando chegou á casa, xa non sabía nin canto tempo pasara desde que chegara á terminal, só puido deixar as maletas de calqueira maneira e tirar os malditos zapatos por onde cadrou.
O contacto dos pés descalzos sobre a baldosa espabilouna; foi ata a cociña quentou unha infusión no microondas e deitoulle unha pingas de whisky: había que subir un pouco o ánimo.
Encamiñouse ao sofá.
Na tele alguén trataba de vender unha morea de coitelos por un prezo irrisorio.

24/5/09

A ESPERA



Sentouse na terraza na única mesa que non estaba ocupada,deixou as bolsas no chan e sacou do bolso o xornal. Na mesa do lado unha parella de certa idade discutía se era mellor visitar a catedral de mañá ou despois do xantar.
Pediu unha cervexa e botoulle unha ollada por riba aos titulares do xornal: o alcalde inaugurando parques, o concelleiro de turno repetíndose... en fin, o de sempre, pensou.
Mirou o reloxo.
Conto ata dez e se non chega, lisco-díxose.
Chegou a vinte... sempre se pasaba, dándolle unha oportunidade a que aparecese.
Pagou, colleu as bolsas e marchou cunha sensación estraña na boca do estómago.
A parella do lado aínda non se puxera de acordo sobre que facer.

23/5/09

...PORQUE HOXE É SÁBADO.


Sunrise on the Ocean V. Kush
O sol desparramábase sobre as sabas e un cheiriño a café acabou por facela saír da cama.Cun aceno suave para non espertar a gata que durmía aos pés, levantouse.
Hoxe vai ser un bo día- pensou
Tes que cortar eses pelos, pareces a tola de Chaillot- a súa imaxe no espello, cos ollos aínda medio cerrados, aconsellaba.
Encamiñouse á cociña onde o café a agardaba.
Non sempre hai que lle facer caso aos espellos-díxose, encuanto atusaba un pouco os cabelos.

22/5/09

COMIDA LIXO?


Alberto Montt
Algo simpático para comeza-la fin de semana

21/5/09

INCOMPRENSIÓN



Cartier-Bresson

...e foise coa música a outra parte .

20/5/09

COMO VÉN SENDO HABITUAL...


Los jugadores de futbol. H Rousseau
O mundo deixa de xirar e, na casa, frente a inmensa pantalla de plasma, o home,nunha liturxia repetida desde a noite dos tempos, coloca as latas de cervexa perfectamente aliñados, bufanda do equipo ao pescozo sen importarlle que fóra o sol queime as plantas, acómodase no sofá . Os amigotes van entrando e participando da mesma liturxia.
O grande encontro está a punto de comezar.
...................................................................................................
Á mañá seguinte as pegadas da noite anterior por toda a sala indican que, como vén sendo habitual, o equipo non gañou.

19/5/09

MOMENTOS 2

Que pracer, non?

.....................................................................................................
Outro momento roubado ao cotidiano.
Leyendo C. Larsson

18/5/09

MOMENTOS

Ela goza con deleitación dese pequeno momento de sosego que lle permite reconcialiarse consigo mesma, logo dun día tremendamente atarefado.
Sabe que non vai durar moito, por iso saboréao como un bo café, a grolos cortiños.
E. Hopper

17/5/09

KLIMT DIXIT

Mujer G. Klimt

"Estou convencido de que non son unha persoa especialmente interesante. Non hai nada especial en min"

El beso. G. Klimt

"Se alguén quixese descubrir algunha cousa de min(...) pode contemplar atentamente as miñas pinturas e tratar de descubrir a través delas o que son e o que quero"

16/5/09

O TREN QUE ME LEVA...

O vagón é pequeno, deses nos que, non hai moito tempo, se podía fumar. Dúas bicicletas cheas de lama penduradas e dous mozos con cadanseu bocata.Un deles saca un portatil da mochila.
-Ola!- di ela.
As bocas cheas de bocata emiten sons guturais acompañados dun aceno coa cabeza e da musiquiña de Windows.
Séntase pegada á ventana que dá ao mar, saca os sudokus do bolso, un lapis e concéntrase nos números como se lle fose a vida nesa cuadrícula.
-Dálle á pausa!-di un deles.
Levántase ata a máquina de bebidas , mete as moedas e, como se dun ritual se tratase, dá un golpe na máquina e colle a botella que sae vomitada polo burato.Ela olla de esguello toda esta manobra, agradecendo que algo a sacase da obsesión dos números. Vai deixando tras dela , ao ritmo que lle marca o tren, moreas de lembranzas ...
Próxima estación con parada....lapis e sudoku tornan ao bolso, baixa do tren . Pouca xente esperando no andén (hoxe non é día de volta á Universidade).Sen mirar saca as chaves do bolso e encamíñase ao coche .
Por sorte xa parou de chover.

15/5/09

ANACOS

(Cuatro mujeres F. Botero)
...hoy me dejás amurada porque la línea perdí;
nunca pude imaginarme
que después de enamorarme
llegase a ponerme así!
(Tango Grotesco)
Mulleres que se están a preguntar, como moitas, en que parte do camiño deixaron de se sentir fermosas.

13/5/09

JULIETA SEN ROMEO

Neste balcón a fermosa Julieta suspiraba polos amores de Romeo.
A quen estará agardando ela?

12/5/09

TARDE CON GATA


Martes estraño.A chuvia e o frío convidan a mergullarse baixo o cobertor no sofá, coller o libro e deixar que , mentres a gata tenta ser a protagonista da historia, a tarde vaia esmorecendo devagar.

Alguén hoxe agasalloume cun poema de L. Felipe.

10/5/09

TRES CAFÉS


Mañá de sábado, tres cafeiños, risas, tres mulleres que voltan a ser nenas saltando á corda na Alameda, castigadas por non parar de rir nas clases, cantando Satisfation acompañadas da tapa do pupitre de madeira, ....O reloxio impón a súa ditadura: é hora, cal Cinsentas, de voltar aos quefaceres; páganse os cafés e...ata outro sábado.
Os libros ao seu redor nin se decataron, eles teñen as súas propias historias.

8/5/09

NON É A TALL SHIP

(Regata A. Tapadinhas)

Barcos que regresan como infancias,
como ayeres
como pinceles de nuevo color
sobre el pasado.
Barcos que zarpan y que se alejan,
que derriten en los ojos
su distancia.
(T.García Arias)

7/5/09


Cando a novidade que hai é que todo está ben...o mundo amósase de cor rosa.

6/5/09

(Las bañistas, P. Picasso)
Tempo de baño,de doce desidia á beira do mar escoitando o bater da auga contra as rochas... A realidade imponse: o extraordinario dá paso ao cotidiano. Vida.

5/5/09

TEMPUS FUGIT

Como metáfora do tempo..paréceme moi axeitada e fermosa

4/5/09


Chegou o luns e chegará o martes e o tempo implacable, incansable, segue.

3/5/09

FIN DE SEMANA


24 horas nun día, 24 cervexas nunha caixa....Coincidencia?

Fin de semana chea de sorpresas agradables, ben acompañadas por unha, e se cadra algunha máis,cervexiña ben fría, nunha terraza mirando mastros de barcos de todas as cores, tamaños e formas...
É un bo xeito de comezar unha semaniña, ou non?