10/1/10

NEVE

As torres da catedral erguíanse rodeadas dun manto branco que as facían, aínda se cabe, máis maxestuosas que de costume. Na praza algúns cativos, facían bólas de neve esquecendo polo momento os agasallos que deixaran os Reis e os pais tentaban inmortalizar aquel instante nunha tarxeta duns cantos Megas que logo verían na casa dos avós nunha magnífica tele de plasma de tropecentas polegadas.
.............................................................
A través da vidreira do café ela miraba cair as folerpas agarrando coas súas mans unha taza de café quentiño.

No hay comentarios: