-Ola!- di ela.
As bocas cheas de bocata emiten sons guturais acompañados dun aceno coa cabeza e da musiquiña de Windows.
Séntase pegada á ventana que dá ao mar, saca os sudokus do bolso, un lapis e concéntrase nos números como se lle fose a vida nesa cuadrícula.
-Dálle á pausa!-di un deles.
Levántase ata a máquina de bebidas , mete as moedas e, como se dun ritual se tratase, dá un golpe na máquina e colle a botella que sae vomitada polo burato.Ela olla de esguello toda esta manobra, agradecendo que algo a sacase da obsesión dos números. Vai deixando tras dela , ao ritmo que lle marca o tren, moreas de lembranzas ...
Próxima estación con parada....lapis e sudoku tornan ao bolso, baixa do tren . Pouca xente esperando no andén (hoxe non é día de volta á Universidade).Sen mirar saca as chaves do bolso e encamíñase ao coche .
Por sorte xa parou de chover.
No hay comentarios:
Publicar un comentario