26/5/09

NON ERA UNHA PARTIDA MÁIS.

Xa case era a hora de entrar mais a ela non lle importaba, levaba xa un bo rato gañando e non ía deixar agora a partida. Tremenda paliza a que lles estaba a dar. As nenas da súa clase arremuiñábanse ao seu redor : non era unha partida máis, estaba en xogo a dignidade dos nenos como xogadores espertos no asunto. Así llo dixera antes de sairen o Iván.
Ninguén se moveu do círculo ata que unha voz , unha oitava máis alta do normal, reclamaba as ovellas descarriadas baixo ameazas de castigos terribles.
Na fila de subida á aula, un dos perdedores atizoulle unha boa couce á campioa.
Non lle importou a dor que sentiu o resto da mañá. Dentro da bolsiña que lle fixera a mamá levaba os seus trofeos que superaban, con moito, o moratón con que chegou á casa.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que tempos.....

Despois de xogar unha partida de bolas ou trompos marchar bulindo pra casa,tirar a carteira, coller a merenda e leer a Guillermo e rir a gargalladas

A felicidade

jorge dijo...

Algunas victorias arreglan el dia.

Has puesto una imagen de uno de mis imprescindibles.